O conselleiro de Cultura e Educación visita as dúas novas aulas do CIPF A Farixa, que supuxeron un investimento de preto de 70.000 euros
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá as instalacións do CIFP A Farixa para coñecer as dúas novas aulas das que gozan os 445 estudantes do centro grazas ás melloras realizadas este verán, que supuxeron un investimento de preto de 70.000 euros.
Segundo explicou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, trátase dunha aula de audiovisuais cun estudo de televisión incorporado no que o alumnado pode aprender a desenvolver os procesos de gravación e mestura, así como dunha aula de telecomunicacións equipada cunha máquina para soldar fibra óptica. “Estamos a falar – dixo Vázquez Abad- dunhas instalacións de grande importancia para un centro especializado de FP, e que constitúen fitos de gran relevancia no esforzo que se está a facer por mellorar a formación do alumnado de ciclos formativos na procura da formación de técnicos da maior cualificación”.