O CEIP de Manzaneda participará na campaña autonómica ‘Separemos ben, reciclaremos mellor’
O CEIP de Manzaneda participará na campaña autonómica ‘Separemos ben, reciclaremos mellor’ que chega a súa terceira edición. SErá un dos 20 centros escolares que levarán estas accións ligadas a esta campaña e que manifestaron por escrito o interese en participar nesta iniciativa, que consideran imprescindible para complementar a formación dos seus alumnos no eido da reciclaxe
A campaña arranca este mes en diferentes colexios das catro provincias, prevendo dar resposta ao conxunto das solicitudes durante todo o curso académico
Grupos de educadores desprazaranse aos centros para impartir charlas informativas, que serán adaptadas aos distintos niveis educativos, e que complementarán con recursos de apoio tales como presentacións en power point, emisión de vídeos, unidades didácticas, pasatempos e xogos
Os alumnos que participen nas distintas actividades serán obsequiados con diferente material divulgativo e de merchandising da campaña.
No CEIP de Manzaneda participarán tódolos cursos de educación primaria, dende 1º a 6º. A cita será o vindeiro día 22 de outubro e participarán 21 rapaces do centro.