Novas accións formativas do ISSGA para concellos de Valdeorras
O Issga convoca 85 accións formativas, no formato de cursos, en materia de prevención de riscos laborais e de primeiros auxilios, destinados a traballadores/as do sector agrogandeiro e forestal. Atopamos dentro de estos cursos 6 que vanse a desenrrolar en concellos da nosa comarca:
Serán cursos de diferentes contidos
- Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros: este curso, con 15 prazas e cunha duración de 18 horas, celebrarase no concello de Carballeda de Valdeorras.
- Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadoira: este curso, con 15 prazas e cunha duración de 18 horas, celebrarase no concello A Rúa.
- Curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras: este curso, con 20 prazas e cunha duración de 18 horas, celebrarase nos concellos de O Barco de Valdeorras.
- Curso básico de primeiros auxilios: Actuacións ante os accidentes laborais: este curso, con 20 prazas e cunha duración de 20 horas, celebrarase nos concellos de Larouco, O Bolo e Rubiá.