O Concello de Quiroga e a DGT asinan un convenio para Cambio de Domicilio
O Concello de Quiroga e a DGT asinan un convenio para Cambio de Domicilio, que é como se chama o sistema polo cal se algún veciño da localidade notifica no Concello o cambio de domicilio, este remitirá o mesmo as oficinas da DGT para evitar así que se teñan que producir desprazamentos innecesarios e pérdidas de tempo entre os veciños facendo estos trámites.
Sen dúbida amóxase coma un avance en materia de redución da burocracia e o papeleo administrativo que pronto verán os veciños en funcionamento no seu día a día, o evitarse ter que facer viaxes ás diferentes xefaturas de Tráfico, neste caso a Xefatura de Tráfico de Lugo.