Acto inaugural do curso 2014-2015 da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense

Deputación Ourense

 

Mañá xoves, realizarase o acto inaugural do curso 2014-2015 da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense no cal estará presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

O acto terá lugar na sede da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. Contará coa actuación da gaiteira xaponesa Mikiko Watanabe, quen fixará a súa residencia en Ourense durante este curso para formar parte da Real Banda de Gaitas,  e con Antón Varela, mestre gaiteiro de Ferrol. Tamén participarán grupos de alumnos das distintas especialidades que se cursan no centro: grupo de zanfonas, cantareiras, banda de preparatorio e grupo de percusión.

 

También te podría gustar...