Manuel Baltar pedíu apostar polo termalismo e por actividades que favorezan a desestacionalización da oferta turística na inauguración da Xornada sobre experiencias turísticas

Manuel Baltar na Xornada de impulso e asesoramento técnico para experiencias turísticas (SEGITTUR)

Manuel Baltar na Xornada de impulso e asesoramento técnico para experiencias turísticas (SEGITTUR)

 

O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, pedíu apostar polo termalismo e por actividades que favorezan a desestacionalización da oferta turística na inauguración da Xornada sobre experiencias turísticas que hoxe mesmo comezou.

Trátase dunha Xornada de impulso e asesoramento técnico para a creación e comercialización de experiencias turísticas que a combinación de emprendemento, emprego e administración electrónica «contribuirá a potenciar o turismo na provincia de Ourense», e destacou a importancia de apostar «polo termalismo e por actividades que favorezan a desestacionalización da oferta turística», citando como exemplo a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.

Baltar subliñou diante do centenar de persoas que asistiron no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» a esta xornada sobre turismo que o Inorde e a Deputación están a desenvolver proxectos en cooperación con outras administracións, entre as que citou o Ministerio de Industria, como o Plan Transforma Ourense ou o Plan de Emprendedores «que permitirá investir 5 millóns de euros na provincia de Ourense en tres anos para iniciativas de emprendemento». Tamén se referiu o presidente provincial ao Plan Termal Provincial, un proxecto que ten como horizonte o período 2014-2020 para o seu desenvolvemento «e que será de gran importancia para favorecer a competitividade da nosa provincia nun eido singular como é o termalismo, o que sumado ao traballo que vimos realizando para acadar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade suporá un pulo importante para a evolución do noso sector turístico».

A xornada contou coa participación das representantes de Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), Eva Benito e Patricia Zapardiel, xerente comercial e directora de proxectos desta sociedade, respectivamente, quen expuxeron aos asistentes diferentes experiencias de éxito no ámbito do turismo que destacan pola súa innovación e por incidir especialmente no turismo de natureza: ecoturismo, deporte e aventura ou enogastronomía.

O obxectivo da xornada foi fomentar e asesorar aos asistentes na creación, promoción e comercialización de novos produtos turísticos, cun destacado compoñente experiencial, a través do portal oficial de turismo de España: www.spain.info.

Os emprendedores e empresas participantes tiveron oportunidade de coñecer fórmulas para potenciar e mellorar a súa presenza en Internet, «o que contribúe –en opinión das relatoras- a mellorar a competitividade das empresas dos sector turístico na provincia de Ourense».

 

También te podría gustar...