O secretario xeral de Política Lingüística clausura as xornadas ‘Literatura galega: identidade, alteridade e exilio’ celebradas en Madrid

O secretario xeral de Política Lingüística clausura as xornadas ‘Literatura galega: identidade, alteridade e exilio’, coas que a Consellería de Cultura e Educación congregou en Madrid 150 especialistas en lingua galega. Foto: Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística clausura as xornadas ‘Literatura galega: identidade, alteridade e exilio’, coas que a Consellería de Cultura e Educación congregou en Madrid 150 especialistas en lingua galega. Foto: Xunta

 

O secretario xeral de Política Lingüística clausura as xornadas ‘Literatura galega: identidade, alteridade e exilio’, coas que a Consellería de Cultura e Educación congregou en Madrid 150 especialistas en lingua galega.

A Xunta comunica que este evento contou coa organización do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Complutense de Madrid –un dos 36 cos que conta a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia- en colaboración coa UNED.

García Gómez destacou durante a súa intervención as vantaxes da crecente internacionalización dos estudos galegos ao afirmar que «o interese pola lingua e a cultura de Galicia medran cada día alén das nosas fronteiras e van consolidando un tecido investigador capaz de achegarnos novas e interesantes perspectivas que arrequecen o noso coñecemento de nós mesmos».

Acompañaron o secretario xeral no acto de clausura Carmen Mejía Ruíz, profesora da UCM e directora do Centro de Estudos Galegos de Madrid; Silvia Iglesia Recuero, vicerreitora de Estudos de Grao da UCM; e Xavier Frías Conde, profesor da UNED.

No encontro participaron, desde o xoves, máis de 150 estudosos e especialistas en lingua e literatura galegas, preto dun cento deles relatores e conferenciantes das xornadas, chegados de diferentes universidades españolas e estranxeiras adscritas tamén á Rede de Centros de Estudos Galegos da Consellería de Cultura e Educación.

Amais das sesións académicas, o programa das xornadas inclúe unha visita organizada ao Real Mosteiro do Escorial, onde os/as participantes terán oportunidade de achegarse de primeira man a códixes da literatura galega medieval, como por exemplo os que alí se gardan das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio.

También te podría gustar...