O Servizo galego de Saúde está a ultimar un sistema propio de seguridade do paciente e xestión de riscos
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, anunciou hoxe, no acto de inauguración do Congreso Internacional sobre Prevención de errores médicos e eventos adversos, que o Servizo Galego de Saúde está a piques de rematar o seu propio Sistema de Seguridade do Paciente e Xestión de Riscos, que será implantando en todos os centros do Sergas.
Trátase, dixo a conselleira, dun sistema moi ambicioso, que desenvolve 14 liñas estratéxicas, todas elas relevantes na xestión de incidentes de seguridade, en consonancia coa Organización Mundial da Saúde, e acordadas cos profesionais sanitarios galegos.
O sistema incorpora, ademais, unha serie de indicadores que farán posible a medición, avaliación e a comparación de resultados entre as distintas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, ao longo do tempo, de aspectos básicos de seguridade de pacientes.
Segundo Rocío Mosquera, unha das liñas clave deste sistema de seguridade é, precisamente, a xestión e notificación de eventos adversos.