O BNG de Viana do Bolo pon a disposición dos veciños un escrito para asinar en contra da tasa de carruaxes na localidade
O BNG de Viana do Bolo pon a disposición dos veciños un escrito para asinar en contra da tasa de carruaxes na localidade tras levar realizadas diferentes actuacións conducentes a que o concello dirixido polo Andrés Montesinos dese marcha atrás no que consideran un «atraco» ás carteiras das veciñas e veciños de Viana do Bolo.
O problema xurde porque nestes días moitos veciñas e veciños de Viana do Bolo recibiron nos seus domicilios comunicación de pago de taxa pola entrada de carruaxes – vados, ante a súa sorpresa xa que non tiñan solicitado do concello a instauración de ningún paso de carruaxes ou vado. Hai casos nos que os veciños dunha edificación de varias vivendas venlles recibo de forma individual e a comunidade veciños; tamén casos de veciños que nin tan sequera teñen espazo dedicado a garaxe no baixo da súa edificación e remítenlles notificación para o pago do recibo.
Primeiramente este grupo presentou unha moción no concello, que foi rexeitada pola maioria do PP. Tras esto, deu a coñecer estas actuacións e puxo cartaces para que os vianeses souperan que esta notificación de cobro era de dubidosa legalidade.
Por mor da negativa do concello a rectificar nas medidas tomadas e dado as demandas expresadas polos veciños de colaboración para reclamar ao concello a eliminación desta taxa que consideran abusiva, os servizos xurídicos do BNG elaboraron un escrito que pode ser representativo das demandas dos veciños e veciñas de Viana do Bolo.
Texto que pódese descargar aquí.