Programa de actividades das Festas do Cristo do Barco 2014 para hoxe sábado

concello do barco cartel cristo 2014

 

Neste sábado día 13, segundo día das Festas do Cristo do Barco 2014, temos un amplio abanico de actividades para tódolos barquenses e os que se animen a achegarse pola localidade.

Comezarán as 11:00h con alboradas e pasarrúas a cargo do grupo Os Bertolini e das charangas Terras do Bibei e Os Bercianos. Á mesma hora, na Praza do Concello e na praza do Príncipe, e ata as 13:00h, e polo serán de 16:00 ás 18:00h haberá un parque infantil con xogos para os máis pequenos da casa.

No Teatro Lauro Olmo celebrarase ás 12:30h a VIII Xuntanza das Pandillas do Barco.

Xa polo serán, se procederá a dar a saída de Sobradelo dos participantes na XLVIII edición do Descenso do Sil en piragüas que será ás 18:00h. Hai que lembrar que unha hora antes sairá da estación do Barco o tren fluvial gratuíto para presenciar a saída e seguir o percorrido da proba, co acompañamento musical das charangas.

Na Praza Maior, Magín Blanco presentará o espectáculo musical «A nena e os grilos» para público infantil, dentro do programa «Cultura no Camiño» ás 19:30h.

Para a noite, ás 21:00h na Praza Andrés de Prada haberá o Concerto da Banda de Música do Barco, mentres que no Campo da Festa haberá un baile amenizado pola orquestra Philadelphia, que fará outra actuación a partir das 00.30 h xa en formato de verbena.

Na Praza Andrés de Prada ás 23:30 termos un concerto do grupo Son do Sil.

También te podría gustar...