Actividades da Semana Europea da Mobilidade no Barco
Dentro da Semana Europea da Mobilidade que será a vindeira semán, entre o 16 e o 22, vanse a realizar unha serie de actividades na localidade do Barco de Valdeorras.
Para o día mércores 17, celebrarase o ‘Parque de Educación Viaria’ no paseo do Malecón na zona de José Otero entre as 18:30 e as 20:30h, que vai dirixido a nenos entre 8 e 12 anos que deberán presentarse coa súa bicicleta e mailo seu casco. Dentro desta actividade os pequeños podrán conducir algún vehículo eléctrico e recibirán un carnet pola súa participación asi como participarán en diferentes sorteos con diversos agasallos.
Para o día 18, xoves, celebrarase a actividade: ‘O Barco sen Coche: Bicicletada’, que comezará no carril bici no paseo do Malecón ás 19:30h sendo logo a chegada á praza do concello onde haberá festa para os participantes con inchables e bebidas. Entregaranse diferentes agasallos como por exemplo ó participante máis xoven ou ó máis vello, a maior familia en número de participantes,….
Tamén haberá agasallos dentro da campaña usa a bici’, como a entrega dun agasallo entre os novos usuarios do sistema de préstamo de bicicletas que deranse de alta entre setembro de 2013 e este mesmo mes deste ano. Tamén se lle dará un agasallo a aqueles usuarios que fixeran máis de 10 usos deste servizo durante o mesmos plazo de tempo.
Ademáis destas actividades plantéxanse medidas peramanente como é a Xestión da Mobilidade en ‘Polo Barco Camiñando’, coa creación duns plans de mobilidade cidadá a pé e en bicicleta entre todas as zonas do concello e do hospital, os colexios e o Concello.