Actividades para hoxe nas Festas do Cristo do Barco
Tras o pregón dado onte pola tarde noite, xa comenzamos coas actividades más festivas.
Comezarán xa pola mañán a partires das 11:00h coa actuación de grupo de gaitas Celtas Largos cun pasarrúas que simbolizará o comezo das festas.
Tamén a esa hora escomenzará a funcionar o tren das festas que fará un percorrido polas principais rúas da Vila partindo da praza do Concello cos seguintes horarios: de 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas.
Xa pola tarde noite, na Praza do Príncipe, poderemos disfrutar da actuación do grupo Brincadeira de Santiago que ofrecerá un espectáculo de baile, música e canto tradicional galego, dentro do programa «Cultura no Camiño».
As 21:00h, no Campo da Festa haberá un baile amenizado pola orquestra Gran Parada, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.
O plato forte de hoxe é o concerto que vai dar o grupo Seguridad Social. A hora de comezó coídase que serán as 23:45h.