Novas sobre o Conservatorio e Escola de Música do Barco
Tras as probas de acceso ó Conservatorio realizadas este pasado martes e mércores, dos diferentes instrumentos, Violoncello, Saxofón, Clarinete e Piano, os alumnos que superen dichas probas de acceso terán hoxe mesmo e mañán para formalizar a matrícula.
En canto a Escola de Música, o vindeiro día 17 publicarase a relación dos aspirantes admitidos
Para ambos, Conservatorio e mais a Escola de Música, o día 18 publicaranse os horarios das materias comúns (Liguaxe Musical, Educacion Auditiva Vogal, Coro, Harmonía, Banda, Orquestra…..), deixando para o día 19 a elección dos horarios das materias:
- Conxunto e Música de Cámara
- Piano Complementario
- Repentización e Acompañamento
Ata o vindeiro día 22 poderanse facer cambios de grupos das materias comúns (ditos cambios terán que ser debidamente xustificados para optar a eles).
Finalmente os días 23 e 24 procederase a elección de horarios da especialidade instrumental.
Prazo de Matrícula
Do 17 ao 24 para o alumnado que concorrese a probas de acceso e alumnado admitido para Escola de Música.
Inicio do curso
Comenzo das actividades lectivas o día 25 deste mes de setembro.