Medio Ambiente iniciou onte as obras de reparación das xuntas de dilatación de dous viadutos da estrada Ourense- A Pobra de Trives (OU-536)
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou onte os traballos de reparación das xuntas de dilatación de dous viadutos da estrada Ourense- A Pobra de Trives (OU-536), situados no tramo comprendido entre o punto quilométrico 2+600 e o 3+250.
Trátase dunha actuación dentro do contrato de conservación para reparar as xuntas de dilatación das pontes, que se atopan desgastadas debido ao paso do tempo desde a súa execución.
Para executar estas reparacións pecharase ao tráfico a estrada OU-536 á altura do núcleo de Ceboliño ata o vindeiro mércores 3 de setembro.
A Axencia Galega de Infraestrutura habilita un itinerario alternativo pola estrada OU-137, estrada na que se executan obras de acondicionamento nas que se inverten preto de 250.000 euros