Nenos de Chernóbil participan nun ‘bautismo de mar’ na Coruña
Un total de 25 nenos procedentes de Chernóbil, acompañados polas familias galegas coas que están a pasar este verán, participarán mañá nun bautismo de mar en Oleiros (A Coruña) organizado pola Fundación María José Jove, en colaboración coa Asociación Ledicia Cativa.
Os nenos de Chernóbil e fillos das familias de acollida galegas gozarán ao aire libre dunha actividade de kaiak na praia de Santa Cristina (Oleiros) ao mediodía, informa a organización nun comunicado.
Este é o segundo ano en que a Fundación María José Jove desenvolve actividades para os nenos procedentes de Chernóbil, despois de que no ano pasado impartise un obradoiro de alimentación saudable.
Naquela ocasión, engade esta fundación, os nenos elaboraron pratos con alimentos ricos en antioxidantes e bos para as súas carencias alimentarias.
A cidade de Chernóbil, na actual Ucraína, sufriu unha traxedia nuclear en 1986 que, segundo a ONU, causou problemas de saúde a máis de sete millóns de persoas, tres dos cales eran nenos, e a morte a unhas 165.000.
EFE