Galicia, a comunidade en que máis baixou a produción industrial en maio

industriaGalicia é a comunidade en que máis baixou en maio a taxa anual de produción industrial (IPI), segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A taxa situouse en Galicia en -7,8%, cando a media española foi dun aumento de 0,4%.

Un total de oito comunidades rexistraron taxas positivas de variación da taxa, a que máis, Estremadura (9,6%), seguida de Aragón (7,5%) e Castela-A Mancha (4,9), mentres que, despois de Galicia, os maiores retrocesos se deron nas Canarias (-4,2%), en Murcia (-3,9%) e no País Vasco (-3,7%).

No que vai de ano, a media española de variación foi dun incremento de 1,7%, cando en Galicia foi dun retroceso de 3,4%, nun escenario en que se produciron incrementos de até 9,1%, como en Castela e León, ou de 7,6% en Aragón.

EFE.

También te podría gustar...