Ad Libitum no Parque do Chao
O ciclo De Perto recalou onte no Parque do Chao, como dín algún, ese gran descoñecido dos parques do Barco, coa actuación do grupo Ad Libitum, composto por un grupo de mozas e mozos entusiastas da música, alumnas do Conservatorio Escuela De Música Barco Valdeorras.
Deixaronos unha divertida velada musical chea de talento e grandes momentos ofrecéndonos o seu repertorio pop para un público familiar, que quedou encantado.
Además o conxunto de actuación e máis o lugar, xunto a participación do público, convertíulo nun éxito e cumpríu un ds obxectivos que procuraba ser este ciclo, que non é outro que o de empregar os espazos públicos para a cultura.