Banesco lanza hoxe un ‘novo banco’ tras concluir a compra de NCG
NCG Banco celebrou este mércores o seu primeiro consello de administración tras a saída do Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB), no que foron designados como presidente Javier Etcheverría, como vicepresidente Juan Carlos Escotet e Francisco Botas como conselleiro delegado.
Esta reunión produciuse tras a sinatura do contrato de transmisión das accións, que realizaron Escotet, presidente do Grupo Banesco Internacional e Antonio Carrascosa, director xeral do FROB, apenas dous días despois da xunta xeneral de accionistas que supuxo a saída da entidade do FROB.
Ao termo, NCG anunciou a través dun comunicado de prensa que «Banesco lanza un novo banco» este xoves, cando terá lugar a presentación en sociedade da nova marca e as liñas estratéxicas de futuro. Así, un día despois de culminar a adquisición de NCG Banco, subliña que «Banesco vai lanzar un novo banco, apenas 24 horas despois de culminar o proceso de compravenda co FROB, anterior propietario».
«Este fito foi posible grazas unha estreita colaboración entre ambos os dous, baseada na transparencia e a profesionalidade,» chama a atención.
No primeiro consello de administración foron nomeados o presidente, Javier Etcheverría; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado, Francisco Botas.
A presentación da nova marca está fixada para hoxe, día 26, ás 19,30 horas, nun acto no auditorio de NCG na Rúa do Preguntoiro, en Santiago, ao que asistirá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e representantes da vida social, económica, cultural e política galega.
Intervirán o presidente, Javier Etcheverría; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet; o conselleiro delegado, Francisco Botas e o titular do Goberno galego.