Monforte: cambios no servizo de recollida do lixo
- O horario da recollida de lixo adiántase os días de Noiteboa e de Fin de Ano no Concello de Monforte
O Concello de Monforte informa que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo. O obxectivo deste cambio horario é permitirlles ós traballadores que poidan pasar esas noites na compaña das súas familias.
Polo tanto, os días 24 e 31 de decembro a recollida comezará ás 15 horas e rematará ás 19 horas. Este horario de recollida afectará tanto ó servizo de recollida de fracción resto coma ó servizo de recollida de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte.
Por outra parte, os días 25 e 31 de decembro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023 a empresa de recollida de lixo realizará os servizos propios e habituais de domingos e festivos, reforzando o servizo de limpeza viaria con varrido mecanizado.
Cómpre destacar que no caso dos venres 23 e 30 de decembro, os traballadores non retirarán das rúas os cubos habilitados diariamente para a recollida de lixo. Esas dúas xornadas si se realizará a recollida de lixo, pero os cubos quedarán depositados na rúa ata o inicio da recollida dos días posteriores –o día de Noiteboa (día 24) e Fin de Ano (día 31 de decembro)- co obxectivo de axilizar as tarefas de recollida os mencionados días.
A concellería de Medio Ambiente lamenta as molestias que puideran derivarse deste cambio e, ó mesmo tempo, pídese a colaboración de todos os veciños e veciñas, así como dos comerciantes.
O servizo de recollida de lixo volverá ó seu horario habitual os días seguintes destas datas festivas.