Stiliana Nikolova, medallista mundial de ximnasia rítmica: masterclass en Monforte
- O Concelleiro de Deportes recibe á ximnasta bulgara e medallista mundial, Stiliana Nikolov, que deu unha masterclass no pavillón da Pinguela
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, deu á benvida onte a Monforte á medallista mundial de ximnasia rítmica, a búlgara Stiliana Nikolova, quen impartiu unha masterclass no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela, convidada polo Clube Quicela.
A ximnasta, que está a pasar 4 días en España coa súa adestradora e a da selección búlgara Valentina Ivanova, impartirá 3 masterclass, unha delas na cidade de Monforte, poñendo esta ó nivel de Madrid e Zaragoza, que son os únicos sitios nos que poderán disfrutar da mellor ximnasia do mundo.
O Concelleiro, deulle a benvida en nome de todo o Equipo de Goberno, e de todos os monfortinos e monfortinas, e obsequiou á ximnasta cun trofeo réplica da Ponte Vella así coma un libro que inclúe fotos emblemáticas da cidade do Cabe.