Documental «Cidade da Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio»

Hoxe luns, 28 de novembro, ás 19:00 horas, no Fórum Metropolitano da Coruña proxectase – con entrada libre- o documental Cidade da Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio, do director Miguel Riaño Roa. O acto está organizado por Valdeorras Infinda, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a CRMH d’AC e o Concello da Coruña.

O documental recolle a historia do conxunto de campamentos que a guerrilla antifranquista estableceu como refuxio nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Este xacemento arqueolóxico abandonado foi escavado en varias campañas polo equipo de Sputnik Labrego, resultados que son a base do documental.

 

Tras a proxección, coloquio co director do filme e con parte do equipo arqueolóxico.

 

También te podría gustar...