Proxectos de saneamento, abastecemento e humanización na Veiga
- A Deputación colaborará co Concello
- O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde da Veiga, Juan Anta
- Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor arredor de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños da Veiga, a colaboración cos gandeiros ou a colaboración en actividades dinamizadoras
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde da Veiga, Juan Anta, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións deseñadas co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños da Veiga.
«Unha reunión moi satisfactoria, definitoria do que é a cooperación diaria entre a Deputación e os concellos ourensáns, que saben que teñen nesta administración o seu mellor aliado para os seus proxectos”, segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación á cooperación en iniciativas de saneamento, abastecemento e humanización.
Ademais, Manuel Baltar e Juan Anta coincidiron en perfilar futuros convenios xunto á Xunta de Galicia para, entre as tres administracións -local, provincial e autonómica-, levar a cabo novas obras no concello que “permitan avanzar no noso proxecto común: unha Veiga dinámica e con moito futuro, e cada día con máis capacidade para fixar poboación”, segundo detallou o alcalde, que tamén prantexou a necesidade de seguir reforzando a colaboración cos gandeiros do municipio e en iniciativas de dinamización.
“Todos estes proxectos son fundamentais para A Veiga” remarcou Manuel Baltar, que destaca a “magnífica labor cotiá de Juan Anta e de todo o equipo municipal, con probada capacidade para desenrolar as potencialidades da Veiga a través de propostas ben planificadas e que sempre contarán co máximo compromiso deste goberno provincial”.
Pola súa banda, o alcalde destacou a importancia do “apoio da Deputación e do seu presidente” a proxectos que son
claves para os nosos veciños, en ámbitos tan estratéxicos como é o abastecemento e o saneamento, ademais da colaboración co sector primario.