“Trives, historia dunha institución docente”

  • A Deputación reedita o libro
  • O libro, escrito por Pablo Pérez Fernández, recolle a historia do colexio Santo Leonor de Trives

 

A Deputación de Ourense ven de reeditar o libro “Trives, historia dunha institución docente (De ‘Santa Leonor a ‘Virgen de la Luz’)”, de Pablo Pérez Fernández, dentro do plan anual de traballo de 2022 aprobado polo Consello Asesor de Publicacións. 

O libro, publicado pola Deputación en 2009, recolle a historia do colexio Santo Leonor de Trives con motivo do centenario do centro educativo, fundado en 1908 polos irmáns La Salle. O autor nútrese nas máis de 200 páxinas do volume das actas do colexio ou a propia asociación de antigos alumnos do Santa Leonor. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co asesor de Cultura, Aurelio Gómez Villar, para valorar unha reedición que é “unha nova aposta da editorial máis importante de Ourense. É un verdadeiro orgullo contar coa imprenta provincial, cunha importantísima tradición e que, apoiada no plan de publicacións, promove a realización de traballos e investigacións para reivindicar  a  identidade ourensá, como é o caso de ‘Trives, historia dunha institución docente”.

También te podría gustar...