Proxecto de atención integral da Federación Discafis COGAMI
- Finánciao a Deputación de Ourense
- A través deste proxecto preténdese mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade da provincia
A través das subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2022, a Deputación de Ourense financiou o proxecto de Atención Integral a Persoas con Discapacidade da Provincia de Ourense que desenvolve a Federación Discafis COGAMI.
A través deste proxecto, Discafis COGAMI e as súas dezaseis entidades membro, pretenden mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade da provincia de Ourense coa prestación de diferentes servizos personalizados.
Esta atención abarca áreas dende a saúde, o lecer, atención xurídica, asistencia e apoio, entre outros, pretendendo reducir calquera tipo de discriminación, mellorar a calidade de vida e desenvolver potencialidades para lograr unha plena integración no seu contorno.
As dezaseis entidades membro de Discafis COGAMI suman un total de 2.500 persoas sociais na provincia de Ourense, das cales 877 son homes e 1.623 mulleres.