Obradoiro de Competencias Dixitais Básicas en Monforte
- Para conmemorar o “Día da Muller Rural”
- A actividade está dirixida a mulleres, é gratuíta, e de carácter presencial e contará cunha duración de 7 horas que se impartirán o xoves 13 e venres 14 de outubro na Sala de Informática do Centro Cívico Social (1º planta) en horario de 10:00 a 13:30 h
- As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350
- O obxectivo deste obradoiro é reducir a brecha dixital de xénero, loitar contra o reto demográfico a través do impulso cara a formación no ámbito rural e a dixitalización como camiño para mellorar e empregabilidade feminina
O Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM) celebrará un Obradoiro de Formación en Competencias Dixitais Básicas para a busca de emprego, que servirá ademais para conmemorar o “Día da Muller Rural”, o 15 de outubro.
A actividade está dirixida a mulleres, é gratuíta, e de carácter presencial e contará cunha duración de 7 horas que se impartirán o xoves 13 e venres 14 de outubro na Sala de Informática do Centro Cívico Social (1º planta) en horario de 10:00 a 13:30 h. As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350.
Dende o Equipo de Goberno do Concello, considera necesario seguir realizando un ano máis este tipo de actuacións para actualizar as competencias dixitais das mulleres, dotándoas de habilidades dixitais avanzadas para fomentar a xestión eficiente dos recursos dispoñibles na rede.
Esta actividade está organizada en colaboración con Fundación Mujeres e está enmarcado dentro do Programa “DANA” de formación para o empoderamento de mulleres para o emprego, financiado por el Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social y el Fondo Social Europeo.
O obxectivo desta actividade é reducir a brecha dixital de xénero, loitar contra o reto demográfico a través do impulso cara a formación no ámbito rural e a dixitalización como camiño para mellorar a empregabilidade feminina.
Deste xeito, entre as competencias que se impartirán neste obradoiro se incluirán como realizar trámites online coa administración pública (Certificado dixital, Chave 365, Seguridade Social), como usar o ordenador para a busca de emprego, e tamén se traballarán competencias dixitais para o emprego e o emprendemento.