Espectáculo de maxia coa maga Lore Lavand en Monforte

  • A actuación terá lugar mañá mércores 7 de setembro ás 9 da noite na Praza de España. Se o tempo non acompaña, trasladarase á Casa da Cultura
  • Este espectáculo, que leva por título “Maxia na Vila Monforte con Lore Lavand”, enmárcase dentro do Festival Galicia Ilusiona, e vai dirixido a todos os públicos con entrada gratuíta

 

Mañá mércores 7 de setembro, Monforte acolle un espectáculo de maxia enmarcado no ciclo “Galicia Ilusiona”, que é un Festival de Ilusionismo que pretende levar maxia e ilusión por toda Galicia.

Deste xeito, a partir das 21:00 horas, a praza de España acollerá unha Gala de Maxia coa actuación da maga Lore Lavand, para todos os públicos e con entrada gratuíta.

Lore Lavand é unha artista arxentina que mestura a maxia, o humor e o teatro. Unha ilusionista capaz de achegarse ao público para xerar unhas experiencias máxicas totalmente inesquecibles.

Se as condicións metereolóxicas impiden celebrar o espectáculo na praza de España, este realizarase no salón de actos da Casa da Cultura.

Esta actividade está organizada polo Concello de Monforte, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021-22.

 

 

También te podría gustar...