Days Cone no Terraceo de Trives

Seguindo coa programación do ciclo «Terraceo verán 2022» –que fan posible os establecementos A Cantina do Catro e A Cervexería Boliche–, hoxe xoves 28 de xullo haberá outro concerto na Praza Dr Paz às 22.00 h.
 
Nesta ocasión chegan à Pobra de Trives o grupo «Days Cone«, unha banda de Rock-Pop/Indie de procedencia Ourensá, formados todos os seus integrantes en «La Casa de la Música», unha escola que dirixe Fernando Calvo guitarrista dos Suaves.
 
Esta formación iniciou os seus pasos alá polo 2018 e dedícanse principalmente á interpretación de versións clásicas dos 80 ate a época actual, dándolle a todas elas un toque persoal do grupo que as diferencian das orixinales.
 
O concerto, como todas as actividades do cyclo de ‘Terraceo de verán’, son de balde e financiadas na súa totalidade polos establecementos locais devanditos.
 
 
 
 

También te podría gustar...