Programa “El Camino Creativo” en Monforte

  • O Concello de Monforte colabora un ano máis no programa “El Camino Creativo” para axudar a emprendedores a desenvolver os seus negocios
  • O Alcalde, José Tomé Roca, informa das actividades que se desenvolverán co apoio do Concello este xoves 14 e venres 15 de xullo en Monforte, coa proxección de cine ó aire libre, obradoiros e encontros de profesionais, co “obxectivo de apoiar iniciativas emprendedoras, para que aqueles que teñan unha idea de negocio poidan iniciar e desenvolver o seu proxecto empresarial”
  • “El Camino Creativo-Xacobeo22 Emprende!” é unha iniciativa impulsada dende a Red de Ciudades y Territorios Creativos de España (RECITCREA) e está dirixida a formar a emprendedores a través de obradoiros creativos, á vez que percorren o Camiño de Inverno ó seu paso por Galicia

 

O Concello de Monforte colaborará activamente cos emprendedores que participen no programa “El Camino Creativo-Xacobeo 2022 Emprende!”, a segunda edición unha iniciativa impulsada dende a Red de Ciudades y Territorios Creativos de España (RECITCREA) e da que o Concello é membro.

Deste xeito, na edición deste ano o Concello acollerá dúas actividades, dirixidas especialmente ós emprendedores que están a participar neste Camiño Creativo, que deu comezo o pasado 7 de xullo, e que tamén están abertas a participación da cidadanía en xeral.

O Alcalde, José Tomé Roca, informa así das actividades que se desenvolverán co apoio do Concello este xoves 14 e venres 15 de xullo en Monforte, coa proxección de cine ó aire libre, obradoiros e encontros de profesionais, co “obxectivo de apoiar iniciativas emprendedoras, para que aqueles que teñan unha idea de negocio poidan iniciar e desenvolver o seu proxecto empresarial”

Así, este xoves 14 Xullo ás 22:00h terá lugar na praza Campo de San Antonio, unha sesión de Cine Verán ó aire libre coa proxección de VALENTINA, que foi  galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022. A entrada é aberta e gratuíta para  toda a poboación. Ademais da proxección da película, celebrarase un Coloquio Aberto coa súa directora, a cineasta Chelo Loureiro.

Continuando cos actos do Camiño Creativo nesta Etapa-5 que se desenvolve ao longo do Camiño de Inverno, tamén gracias a colaboración co Concello de Monforte de Lemos, o venres 15 Xullo, terá lugar un Obradoiro de Branding para o desenvolvemento da marca persoal e de negocio para emprendedores, coa presencia de Jorge de Amescua, director de Trivu. Este encontro terá lugar ás 16:00h, no Museo do Viño. Este obradoiro tamén é aberto e de interese para calquera negocio ou emprendedor que estea interesado.

E finalmente, tamén o venres 15 de Xullo, de 19:00h a 21:00h, o Museo do Viño de Monforte acollerá un encontro de profesionais do cine e audiovisual da Ribeira Sacra, no que xa se deron cita documentalistas como David Pinancho ou a produtora Némesis. O encontro é aberto aos profesionais deste sector que terán unha sesión de networking tb cos emprendedores do Camiño Creativo.

También te podría gustar...