Oitava edición do Fancine de Lemos

  • Rende homenaxe a figura de Jose Luís Montero
  • José Tomé Roca, destacou no acto inaugural Fancine de Lemos a labor de Montero, “figura clave na historia audiovisual e histórica de Monforte, que faleceu en 2021, e que doou unha importante colección de libros sobre Monforte ó noso Concello”.
  • Este certame fará de Monforte de Lemos o epicentro do cine fantástico ata ó 10 de xullo de 2022
  • O Concello monfortino colaborou con 5.000 euros para o desenvolvemento do Fancine, ademais de ceder espazos como a Casa da Cultura, a praza de España ou o Cuadrado do Parque dos Condes. A Deputación provincial de Lugo tamén achegou outros 5.000€, co cal, entre ambas entidades, aportan 10.000€ a este certame, “polo que a nosa implicación co Festival é firme, xa que ademais contribuímos a achegar a cultura ós veciños de Monforte, pero tamén á xente que decide visitarnos durante o verán”, salienta o Alcalde
  • Este ano o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos, incluíndo unha importante exposición de videoxogos antigos na Casa da Cultura. Tamén, o Festival conmemorará o 20º aniversario da película “Resident Evil” e o 40º aniversario da película “Tron”. O país convidado nesta edición é México
  • Tras a intervención do Alcalde, e da presentación do Fancine a cargo do seu director, Iván Patiño, estreouse en primicia o documental sobre a figura de Jose Luís Montero, figura clave en Monforte de Lemos, pois adicou gran parte da súa vida a coleccionar material único da historia da cidade

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou onte na Casa da Cultura, a oitava edición do Fancine de Lemos, Festival de Cine Fantástico, que se celebrará na cidade ata o vindeiro domingo día 10.

No acto inaugural, o rexedor municipal estivo acompañado polo director deste Festival, o monfortino Iván Patiño, así como pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada. Tamén estivo o actor Chechu Salgado, recente gañador do Goya ó actor revelación, e a actriz compostelá Sabela Arán.

Antes da intervención do rexedor monfortino na inauguración do Fancine, a comitiva procedeu a visitar a exposición que acolle a Casa da Cultura arredor da figura de Jose Luís Montero.

O Alcalde resaltou na súa intervención a consolidación desta mostra,

grazas á cal contribuímos a achegar a cultura ós veciños de Monforte; pero tamén á xente que decide visitarnos durante o verán. E é que a realización deste evento contribúe a traer visitantes á nosa cidade. Polo tanto, o Fancine de Lemos é un elemento máis da nosa programación do Verán Cultural, que axuda a proxectar Monforte e a Ribeira Sacra fóra das nosas fronteiras.

 

“O Festival segue a apostar forte pola idea de converter a Ribeira Sacra nun espazo onde o cinema e a sustentabilidade nos sitúe entre os festivais de xénero máis importante de Galicia, como tamén vimos facendo desde a Deputación de Lugo, que aposta por converter á provincia nun plató de cine, algo que xa está facendo a través da concesión de axudas a diferentes películas e series”, subliñou o Alcalde e Presidente provincial.

Precisamente, un dos atractivos deste Festival é a posibilidade de ver cine ó aire libre, neste caso, no parque dos Condes. “É un xeito diferente para gozar das películas, especialmente na época de verán en que se celebra o Festival”. Un festival que se integra dentro da programación do Verán Cultural monfortino.

José Tomé tamén resaltou o “compromiso firme e decidido” co Festival, pois “estamos do lado de todas aquelas iniciativas que, como esta, axuden a fomentar a cultura, e que neste caso concreto, porque axuda a asociar o nome da nosa cidade asocie directamente co cine fantástico”.

Neste senso, o Concello monfortino colaborou con 5.000 euros para o desenvolvemento do Fancine, ademais de ceder espazos como a Casa da Cultura, a praza de España ou o Cuadrado do Parque dos Condes. A Deputación provincial de Lugo tamén achegou outros 5.000€, co cal, entre ambas entidades, aportan 10.000€ a este certame.

Antes de rematar a súa intervención, o Alcalde anunciou a estrea “en primicia do documental sobre a figura de José Luís Montero, figura clave na historia audiovisual e histórica de Monforte, que faleceu en 2021, e que doou unha colección de libros sobre Monforte ó Concello, que están expostos nunha sala da Casa da Cultura, unha homenaxe que lle rende o FanCine de Lemos en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, e que servirá para que nunca esquezamos o importante que foi para todos nós José Luís Montero”.

Oitava edición do Fancine de Lemos

O Fancine celebrase dende hoxe mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e este ano o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos. Tamén, o Festival conmemorará o 20º aniversario da película “Resident Evil” e o 40º aniversario da película “Tron”.

Ademais do concurso anual de curtametraxes, eixe principal do Festival, e as proxeccións de longametraxes, o certame terá un sinfín de actividades dende masterclass, obradoiros de maquillaxe ou concertos.

Este ano, o país convidado este ano será México, do que se proxectará unha mostra do cinema fantástico que se fai nese país.

 

Toda a programación do Fancine de Lemos 2022 pódese consultar en:

https://www.fancinedelemos.com/

También te podría gustar...