Noite de San Xoán con sardiñada, música e humor en San Clodio

Foto: Xabier Piñeiro

 

Este xoves 23 de xuño, o Bar Central de San Clodio, en Ribas de Sil, convida a participar dunha gran noite de San Xoán. Non faltará a típica sardiñada para celebrar de forma festiva a chegada do verán, pero ademais haberá un concerto a cargo do grupo Carta de Ajuste. Este dúo que chega de Lugo para a ocasión ofrecerá o espectáculo «O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto», un show cun repertorio que lembrará aqueles anos e que se presenta cun directo cheo de interacción co público e moito humor.

Elena, a xerente do establecemento de Ribas de Sil, convida a achegarse para degustar a «rica sardiña» e a continuación, sobre as 23:30 h., a pasalo ben ao ritmo de Carta de Ajuste.

 

También te podría gustar...