Gañadores do Concurso de Narración e Debuxo de Monforte polo día das Letras Galegas
- A Concelleira de Cultura entregou ós premios os gañadores do Concurso de Narración e Debuxo polo día das Letras Galegas
A Concelleira de de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, fixo entrega dos premios ós gañadores e gañadoras do Concurso de Narración e Debuxo Letras Galegas 2022, un acto celebrado na Casa da Cultura de Monforte, e que contou coa presencia das alumnas e alumnos premiados, así como as profesoras dos centros educativos gañadores.
Os estudantes premiados, recibiron un lote de libros así como un diploma acreditativo do premio gañado.
A Concelleira destacou a calidade dos traballos presentados, e animou a alumnos e profesores a seguir participando nos concursos que deste tipo organiza o Concello ó longo de todo o ano.
Gañadores e gañadoras
Narración Categoria A: Ata 8 anos
- Mateo Rosales Domínguez. 8 anos, Colexio PP Escolapios
- Iago Fernández González. 8 anos, Colexio PP Escolapios
- Pablo Puch Rodríguez. 8 anos, Colexio PP Escolapios
Debuxo Categoría A: Ata 8 anos
- Breixo Fernández Méndez. 6 anos, Colexio Ferroviario.
- Ana Yousfi. 7 anos, Colexio Ferroviario.
Narración Categoría B: 9, 10 e 11 anos
- Gael Traseira Vázquez. Colexio PP Escolapios.
- Sara Pérez pallín. 10 anos, Colexio PP Escolapios.
- Carmen Pérez Armesto. 10 anos, Colexio PP Escolapios.
Debuxo Categoría B: 9, 10 e 11 anos
- Sonia Rodríguez Martín. 10 anos, Colexio Novo.
- Romina Vázquez Álvarez. 11 anos, Colexio Ferroviario.
- Imae Yousfi. 10 anos, Colexio Ferroviario.
- Elena Somoza Macía. 12 anos, Colexio Ferroviario.
Narración Categoría C:
- Sabela Castro González. 12 anos, Colexio Torre de Lemos.
- Carla Rodríguez Rodríguez. 12 anos, Colexio Ferroviario.
- Mireya Rega Brondariz. 14 anos, Colexio Ferroviario.
Debuxo Categoría C:
- Yanniels Estrella Pérez Encarnación. 13 anos, Colexio Ferroviario.
- Jimena García Varela. 13 anos, Colexio Ferroviario.
- Lucas Martínez Lillo. 13 anos, Colexio Torre de Lemos.