Proxecto piloto de sementa de cereal para abaratar os custos de produción dos gandeiros da Veiga

  • A Deputación colaborará 
  • Esta iniciativa cofinaciada co Concello traducirase na sementa de centeo ou millo en fincas próximas aos pobos
  • Manuel Baltar e o alcalde, Juan Anta, abordaron novas liñas de cooperación entre ambas administracións
  • A Deputación tamén apoiará actuacións de saneamento e a humanización e arranxo de varias prazas e parques do municipio

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde da Veiga, Juan Anta, para abordar as liñas de colaboración abertas entre ambas entidades, ademais de concretar novas iniciativas de cooperación administrativa. 

Neste sentido, o presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para cooperar nun proxecto piloto perfilado polo Concello da Veiga para apoiar o autoabastecemento de cereal dos gandeiros. Unha iniciativa que se concretará na sementa de centeo ou millo en máis de cincuenta hectáreas.

 

O obxectivo é -explica Juan Anta- realizar sementas individuais para cada un dos gandeiros da Veiga, axudándolles a acadar unha maior produción e reducir os seus custes fixos, agora mesmo inaccesibles polo contexto internacional 

 

Este proxecto piloto traducirase sobre o terreo na sementa dunhas dous hectáreas para cada gandeiro. “Sería en fincas agrupadas, próximas aos pobos, o que abarataría os seus custos e ademais axudaría a previr incendios forestais”, resalta o alcalde da Veiga, que enmarca esta iniciativa cofinanciada pola Deputación dentro da liña de apoio municipal aos gandeiros.

Manuel Baltar e Juan Anta tamén pecharon o acordo para unha obra de saneamento, “unha prioridade esencial da nosa acción municipal”, segundo analiza o rexedor da Veiga, que tamén acadou o apoio da Deputación de Ourense para a humanización e arranxo de varias prazas e parques do concello.

También te podría gustar...