Festival Letras Galegas 2022 en Monforte

  • O Concello organiza un Festival musical co gallo da conmemoración do día das Letras Galegas

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará do Día das Letras Galegas deste ano 2022, que está adicado ó poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Deste xeito, tras dous anos de ausencia por mor da pandemia da Covid-19 o Concello recupera o Festival Letras Galegas 2022, que terá lugar hoxe martes 17 de maio, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 19:00 h.

Este festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, contará coas actuacións dos seguintes grupos:

  • Coral Polifónica da Escola de Música do Concello de Monforte
  • Grupo de Gaita do Concello de Monforte

 

 

También te podría gustar...