Renovación da sinalización horizontal de Monforte
- O Concello inviste máis de 152.000€ na renovación da sinalización horizontal da cidade, o orzamento máis alto dos últimos anos
- O Alcalde, José Tomé Roca, ven de comunicar a publicación onte do anuncio de licitación para a renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos competencia do Concello de Monforte
- “Trátase da inversión máis alta destinada para este fin polo Equipo de Goberno dos últimos anos” destaca o Alcalde, “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”
- O prazo para a presentación de ofertas é de 13 días e está aberto dende hoxe, día en que foi publicado na Plataforma de Contratos do Sector Público, e ata o 16 de maio de 2020
- As mesas de contratación para a apertura das ofertas que se presenten está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio
- Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta onte da apertura do prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.
“Trátase da inversión máis alta destinada para este fin dos últimos anos” destaca o Alcalde “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”.
O prazo para a presentación de ofertas é de 13 días, logo de que onte fora publicado o anuncio de licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público. O luns 16 de maio de 2022 será o último día para presentar propostas a este concurso.
Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio.
Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días, polo que a previsión, se a climatoloxía o permite, é que rematen a finais do mes de xullo.
Traballos a executar
O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos, etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.
A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais efectivamente existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.
130 actuacións de mellora da sinalización horizontal en rúas e zonas públicas municipais
As rúas e zonas incluídas neste contrato son as seguintes:
- R/BENITO VICETTO – Completa ata ligazón con N-120.
- R/MUÍÑOS DE ANTERRO – Completa.
- R/PONCHE DOUS PICOS – Completa, inclúe baixada lateral a vía e tramo ata ligazón con R/Benito Vicetto.
- R/MALVARÓN – Completa.
- R/EDUARDO BRANCO AMOR – Tramo inicial en ligazón con R/Eduardo Pondal e tramo de ligazón con Cº Centeás.
- R/EDUARDO PONDAL – Completa, inclúe anexos de R/Alexandre Bóveda, lateral a nº 102, prolongación de Centeás ata estrada Canle e pista Centeás.
- R/VALLE INCLÁN – Completa, ata finalización de zona dotada de beirarrúas, inmediacións entrada de Cerámica do Castelo.
- R/AROUSA – Completa.
- R/MUÍÑOS DE ANTERO – Completa.
- R/FILGUEIRA VALVERDE – Completa.
- R/AS CRUCES – Completa.
- R/CHAMOSO LAMAS – Completa.
- R/ RIOSECO – Completa.
- R/POETISA MARÍA MARIÑO – Tramo de zona de vivendas – Exclúese a parte final entre a Pista de As Curces e a entrada a Formigóns Rioseco.
- R/PADRE FEIJOO – Completa.
- R/JUAN MONTES – Completa – Inclúe ata glorieta de acceso a Porto Seco.
- R/CONDESA PARDO BAZÁN – Completa.
- R/ROSALÍA DE CASTRO – Completa.
- R/Dr. LÓPEZ SUÁREZ – Completa.
- R/RAMÓN Y CAJAL – Completa.
- R/VILANOVA – Completa.
- R/PONTE DÁ VIRXE – Completa.
- R/PRAZA ESTACIÓN – Completa.
- R/CONCEPCIÓN ARENAL – Completa.
- R/CORUÑA – Tramo desde reserva de carga e descarga fronte a nº 19 ata ligazón con R/Leopoldo Calvo Sotelo.
- R/ CANEIRO – Exclusivamente o paso de peóns e a liña de detención de leste na saída a R/Dr. Casares.
- R/PONTEVEDRA – Completa.
- R/RIBEIRA – Completa.
- R/CURROS ENRIQUEZ – Completa.
- R/Dr. CASARES – Carga e Descarga en nº 3, novas dotacións en Centro de Saúde e completo en tramo desde nº 116 ata final.
- PASEO DO MALECÓN.
- R/HORTAS E ANEXOS – Unicamente anexo de Praza de Dr. Goyanes e o tramo que se indica entre nº1 39 e 43.
- R/ MORÍN – Completa.
- R/SAN PEDRO – A partir de nº 5.
- R/CARLOS CASARES – Completa.
- R/AVELINO CACHAFEIRO – Completa.
- R/JACINTO BENAVENTE – Completa.
- R/JUAN RAMÓN JIMÉNEZ – Completa.
- R/ ZAPARDIEL – Completa.
- R/LEOPOLDO CALVO SOTELO – Completa.
- R/LAGARES – Completa.
- R/FLORIDA – Completa.
- PRAZA DA FLORIDA – Completa.
- R/REAL – Completa.
- R/CENTRAL – Completa.
- R/GERMÁN VÁZQUEZ – Completa.
- Estacionamento R/PRETO – Completa.
- PRAZA DO PIÑEIRO – Completa.
- R/ESTRELA – Completa.
- R/Dr. FLEMING – Completa.
- R/ CORNA – Completa.
- R/RICARDO QUIROGA – Completa.
- R/SANTO DOMINGO – Completa.
- R/PRAZA DE ESPAÑA – Completa.
- R/JULIO CAMBA – Completa.
- R/ PLAZUELA DO CONDE – Completa.
- R/INÉS DE CASTRO – Exclúese a reserva de mobilidade reducida existente fronte ao nº 10, Resto, pintado completo.
- R/ROBERTO BAAMONDE – Completa.
- R/OTERO PEDRAYO – Exclúese a praza de mobilidade reducida fronte ao nº 13 (corresponde lado pares). Resto, pintado completo.
- R/POETA LOIS PEREIRO – Completa.
- R/POETA LOIS PEREIRO – Completa.
- AVENIDA DE GALICIA – Completa.
- R/CELSO EMILIO FERREIRO – Completa.
- R/ SÁRRIA – Completa.
- R/ MALLOADAS – Completa.
- R/CONDE – Completa.
- R/CARDEAL, glorieta de Ponte Fontecha e ata inicio de R/COMPAÑÍA – Completa.
- R/ESTACIONAMENTO A COMPAÑÍA – Excluídas as tres prazas de mobilidade reducida da entrada. Resto, completa.
- R/COMPAÑÍA – Unicamente as partes que se indican.
- R/ESCULTOR FRANCISCO MOURE – Completa.
- R/MÁRTIRES DE CARRAL – Completa.
- R/REBOREDO – Unicamente as actuacións que se indican no prego.
- R/REBOREDO – TRAVESÍA – Unicamente as actuacións que se indican.
- R/CASTELAO – Completa.
- R/DUQUESA DE ALBA – Completa.
- R/SAN LÁZARO – Completa.
- R/ CARÚD – Completa.
- R/ACEA NOVA – Completa.
- R/SOBER – Completa, inclúe ata instalacións do Obradoiro de Emprego, incluído.
- R/A PINGUELA – Acceso e estacionamento da urbanización – Completa.
- R/ESTADIO POLIDEPORTIVO, PISCINA E CAMPO DE FÚTBOL – Exclúense 5 prazas de mobilidade reducida. Resto, completa.
- R/PAREDES – Completa.
- R/ ROF CODINA – Completa.
- R/OURENSE – Completa, incluído tramo N-120a, ata límite de competencia municipal en parroquia de Distriz.
- R/POETISA SARA CAO – Completa.
- R/CAMILO JOSÉ CELA – Completa.
- R/CONDE FROILÁ DÍAZ – Completa.
- R/PEDRO DE VEER – Completa.
- R/AMADOR LÓPEZ ESPINOSA – Completa.
- R/DIEGO DE LEMOS – Completa.
- R/RIBAS DO SIL – Completa.
- R/ DO RÍO – Completa.
- TRAVESÍA PERFECTO – Completa.
- R/PANTÓN- Completa.
- R/SANTIAGO – Completa.
- TRAVESÍA COBAS-PANTÓN – Completa.
- R/TOMÁS VÁZQUEZ – Completa.
- R/COBAS – Completa.
- R/TECELÁNS – Excluído parcialmente o tramo lindeiro con Campo de S. Antonio. Resto, completa.
- R/CHANTADA – Completa.
- R/VEIGUIÑA – Completa.
- R/FERROL – Completa.
- R/SAVIÑAO – Completa.
- R/ROBERTO MARTÍNEZ ANDRADE – Completa.
- Entrada Supermercados – C/CHANTADA – Completa.
- R/LEMAVOS – Completa.
- R/CARBALLEDO – Pintar unicamente sinalización en ligazón con C/Chantada.
- R/VIGO – Completa.
- R/ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS – Completa.
- R/AMADOR LÓPEA CUEVILLAS – Completa.
- R/ ABELEDOS FABEIRO – Completa.
- R/LUÍS PIMENTEL – Completa.
- R/ANTÓN VILAR PONCHE – Completa.
- TRAVESÍA ABELEDOS-CAMPO DEHESA – Completa.
- R/ALONSO RÍOS – Completa.
- CAMIÑO REAL DE SEOANE – Completa.
- R/OURENSE (TRAMO 1-19) E CAMPO DE SAN ANTONIO
- Estacionamento – TRASEIRO R/OURENSE, 5 – Completa.
- R/ABELEDOS – Exceptúase paso de peóns en inicio de C/ Saviñao. Resto, completa.
- R/POETA MANUEL MARÍA -Pintado unicamente desinais en ligazón con Ronda Mª Emilia Casas Baamonde.
- R/IRMÁNS DAPENA – Completa.
- R/CORREDOIRA – Renovado da sinalización que se indica no prego.
- R/SANTA CLARA – Completa.
- R/MANUEL ANTONIO – Completa.
- CAMIÑO DA BARXA – Unicamente sinalización de parada de Bus Escolar.
- R/MARI PAZ DE TOR – Completa.
- CHAIRA CEMITERIO – Completa.
- R/ IRMANDIÑOS – Completa.
- POLÍGONO INDUSTRIAL – Completo.
- RECINTO MERCADO GANDEIRO – Completa.