Oitava edición do Fancine de Lemos
- Contará cunha axuda de 5.000 euros do Concello
- José Tomé Roca, acompañado polo director do Festival, Iván Patiño, deu a coñecer o cartel e o programa da oitava edición do Fancine de Lemos, un certame que fará de Monforte o epicentro do cine fantástico e de terror do 6 ó 10 de xullo de 2022
- Esta axuda estará complementada con outra, tamén de 5.000€, provinte da Deputación provincial de Lugo, co cal, entre ambas entidades, achegarán 10.000€, “polo que a nosa implicación co Festival é firme, xa que ademais contribuímos a achegar a cultura ós veciños de Monforte, pero tamén á xente que decide visitarnos durante o verán”, salientou o Alcalde
- Este ano o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos. Tamén, o Festival conmemorará o 20º aniversario da película “Resident Evil” e o 40º aniversario da película “Tron”. O país convidado será México
- Dende o Fancine, rendirase homenaxe a figura de Jose Luís Montero, natural de Monforte de Lemos e que adicou gran parte da súa vida a coleccionar material único da historia de Monforte. Farase un pequeno documental que recordará a súa memoria, así coma unha pequena exposición, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe tanto o cartel oficial coma o programa do que será a oitava edición do Fancine de Lemos, Festival de Cine Fantástico e de Terror, que acollerá a cidade do Cabe entre o 6 e o 10 de xullo deste ano.
Na presentación oficial, o rexedor municipal estivo acompañado polo director deste Festival, o monfortino Iván Patiño, así como pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada.
O Alcalde resaltou a consolidación deste Festival, gracias ó cal “contribuímos a achegar a cultura ós veciños de Monforte; pero tamén á xente que decide visitarnos durante o verán, xa que a realización deste evento contribúe a traer visitantes á nosa cidade”.
Precisamente, un dos atractivos deste Festival é a posibilidade de ver cine ó aire libre, neste caso, no parque dos Condes. “É un xeito diferente para gozar das películas, especialmente na época de verán en que se celebra o Festival”. Un festival que se integra dentro da programación do Verán Cultural monfortino.
Oitava edición do Fancine de Lemos
O Fancine celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e este ano o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos. Tamén, o Festival conmemorará o 20º aniversario da película “Resident Evil” e o 40º aniversario da película “Tron”.
Ademais do concurso anual de curtametraxes, eixe principal do Festival, e as proxeccións de longametraxes, o certame terá un sinfín de actividades dende masterclass, obradoiros de maquillaxe ou concertos.
Este ano tamén destacará a exposición sobre videoxogos que levará a cabo a asociación MUVI, primeiro museo de videoxogos de Galicia e a homenaxe que o Fancine de Lemos en colaboración co Concello de Monforte de Lemos.
O pais convidado este ano será México, do que se proxectará unha mostra do cinema fantástico que se fai nese país.
“O Festival segue a apostar forte pola idea de converter a Ribeira Sacra nun espazo onde o cinema e a sustentabilidade nos sitúe entre os festivais de xénero máis importante de Galicia, como tamén vimos facendo desde a Deputación de Lugo, que aposta por converter á provincia nun plató de cine, algo que xa está facendo a través da concesión de axudas a diferentes películas e series”, subliñou o Alcalde e Presidente provincial.
Por este motivo, explicou José Tomé “tanto dende o Concello de Monforte, como dende a Deputación de Lugo, a nosa aposta por este Festival Fancine de Lemos é forte, pois destinamos dende cada un destes dous organismos unha axuda de 5.000 euros, é dicir, 10.000 euros en total, para que Monforte se converta neses días no epicentro do Cine Fantástico e de Terror”. O pasado ano, o Concello destinara unha axuda de 3.500€ a este festival. Ademais da aportación económica, o Concello tamén cede a Casa da Cultura, o Parque dos Condes, ou a Praza de España, de xeito gratuíto
O Alcalde manifestou o apoio decidido, tanto dende o Concello de Monforte como da Deputación de Lugo, a “todas aquelas iniciativas que axuden a fomentar a cultura, e neste caso concreto, o cine fantástico e de terror. E ademais porque esta é unha iniciativa xurdida en Monforte, e dirixida por un monfortino como Iván Patiño”.
Cartel oficial
O cartel, que convirte a Monforte nun espazo virtual onde a Torre da Homenaxe xoga un papel central, foi realizado pola artista lucense Isabel Vila Díaz. Iván Patiño explicou que é unha homenaxe ás consolas e videoxogos antigos, pois a Torre imita o logo de Hatari. “O cartel converte a Monforte nunha realidade virtual, en consonancia co lei motiv da edición deste ano”.
Do mesmo xeito, o director do Certame agradeceu o apoio de Concello e Deputación “que permite ó festival dar un salto cualitativo e cuantitativo”.
Novos espazos
O Festival segue a apostar pola incursión de novos concellos con espazos únicos. Monforte seguirá sendo o eixo das actividades ofertando cinema ó aire libre no Parque dos Condes, como e tratando de recuperar espazos cunha forte impronta coma son a Casa da Cultura Lois Pereiro ou o Ateneo Casino.
Tamén porase a disposición do espectador os Multicines Hollywood onde se fará unha premier internacional como apertura do festival.
Ademais de Monforte, outros dous concellos uníronse ao Fancine, concretamente Sober e A Pobra do Brollón.
Homenaxe a José Luís Montero
Dende o Fancine, rendirase homenaxe a figura de Jose Luís Montero, natural de Monforte de Lemos e que adicou gran parte da súa vida a coleccionar material único da historia de Monforte. Moito de ese material é cinematográfico e representa un activo fundamental na historia da cidade.
Así, farase un pequeno documental que recordará a súa memoria, así coma unha pequena exposición, todo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
O Alcalde recordou que “José Luís Montero foi unha figura clave na historia audiovisual e histórica de Monforte, que faleceu en 2021, e que doou unha colección de libros sobre Monforte ó Concello, que están expostos nunha sala da Casa da Cultura”.
Asociacionismo
Outro dos puntos fortes do Festival será a colaboración con MUVI, O museo de Videoxogos de Galicia, ubicado en Cangas do Morrazo, que levará a cabo os días do festival diversas actividades que irán dende exposicións, obradoiros ou charlas, “para achegar o coñecemento dos vellos videoxogos ás novas xeracións”, resaltou Patiño.
Outra das colaboracións xa pechadas é co youtuber galego “Recuncho gamer”, que falará do mundo dos videoxogos e co que se fará un podcast en vivo das Adegas de Vilachá.
Este ano virá como xurado Javier García Caballero , director do Festival de cinema fantástico europeo de Murcia, para seguir facendo crecer o festival.
Programación
A falta de pechar oficialmente o programa, Iván Patiño adiantou que esperan recibir unhas 300 curtametraxes a concurso, das cales farase unha selección de 24, que serán as que se proxecten.
As longametraxes que se emitirán, ademais de “Tron” e “Resident Evil”, serás “Malencolía” de Alfonso Zarauza e “Jacinto” de Javi Camino.