«A viaxe de Rosalía» hoxe en Quiroga
Sinopse:
A protagonista desta viaxe é Rosalía de Castro, que ven coa súa madriña Francisca. Xuntas contarán pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas, da man da actriz e monicrequeira Larraitz Urruzola.
Utilízanse monicreques de mesa, onde o traballo de manipulación faise á vista, creando diálogo entre actriz-monicreque-público-actriz.
Nesta proposta hai ampla versatilidade á hora de crear personaxes e dinámicas de interrelación co espectador, aplicándose as ferramentas da narración oral tradicionais, xógase a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo da poesía, dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.
O espectáculo está patrocinado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.