Concerto do ‘Rhea Quartet’ de saxos en Sober

  • O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober programan un concerto do Rhea Quartet de Saxos para o sábado día 12
  • A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta 

 

O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o sábado día 12 un concerto do ‘Rhea Quartet’, formado polos intérpretes Pablo Fernández Baladrón, saxofón soprano; Iris Guzmán Godia, saxofón alto; Luís Garvía Cabañas, saxofón tenor e Jaime Serrano Fernández, saxofón barítono.

A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta.

O cuarteto interpretará o programa ‘Terra’ que reivindica a importancia de coidar aquilo que nos dá a vida e que nos permite  respirar a través de dúas viaxes por algúns dos lugares máis recónditos do noso planeta.

Esta proposta musical promove o intercambio cultural e a responsabilidade do ser humano por coidar a nosa contorna en lugar de seguir tratando de someter á natureza aos nosos desexos e necesidades materiais.

Por unha banda, preséntase a viaxe do compositor Guillermo Lago e, por outra, a viaxe do personaxe Klim na obra do dramaturgo Ludvig  Holberg. Como  interludio entre ambas as suites, preséntase a música  Klemzer, sobre a que Alexis  Ciesla compón a súa obra para cuarteto de  saxofóns “Rhapsodish”.

A madurez das súas propostas, a espontaneidade, a innovación e o rigor son os aspectos máis valorados polo público e a prensa especializada. Formado por personalidades musicais diferentes, configuran unha identidade cunha linguaxe propia onde convidan ao oínte a unirse como quinto elemento no discurso musical.

Apostan por contribuír á divulgación da cultura desde a música de cámara, en toda a súa variedade e estilos, e traballan man a man con compositores de música de nova creación.

Foron galardoados a nivel nacional e internacional, destacando os seus premios en Bydgoszcz Chamber Music Competition, Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España, Certame ‘Pedro Bote’, Concurso ‘Antón García Abril’ ou Certame ‘Jacobo Soto  Carmona’.

A súa sólida formación aválaos, contando cos consellos de Cuarteto Quiroga, Cuarteto  Casals,  Kuss  Quartet,  Heime  Müller,  Márta  Gulyás, Rita  Wagner, Kennedy Moretti, Pedro Pablo Cámara, Noelia  Rodiles,  André Cebrián e  Ona  Cardona, entre outros.  Compaxinan o seu labor concertístico cun activo compromiso pedagóxico, sendo docentes en  renomeados centros de educación musical. Desde 2019 son embaixadores das marcas  Selmer París e  Vandoren Fran- ce.

Programa:

  • Edvard Grieg: Suite aus Holdbergs Suite, op. 40
  • Alexis Ciesla: Rhapsodish
  • Guillermo Lago: Ciudades
  • Juan Delgado: A Haunting Foreboding  (Estreo absoluto)*

 

* Obra encargo de JM España a Juan Delgado, compositor residente da Red de Músicas 21-22.

También te podría gustar...