VIII Ciclo de Música de Cámara Petiscos musicais

Hoxe sábado 5 de febreiro, ás 20 horas, na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, a FVR, que é a organizadora, inicia o VIII Ciclo de Música de Cámara Petiscos musicais

Actuará Ingrid Sotolarova ao piano, e interpretará un repertorio variado.

 
 
A Fundación Vicente Risco leva desenvolvendo esta actividade desde o ano 2015 coordinada pola profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Petiscos musicais é un ciclo anual de catro concertos, un por cada estación do ano, tendo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara.
 
Por causa das restriccións da Covid-19 o aforo queda limitado a 20 persoas, tendo preferencia os abonados. O prezo da entrada solta é de 12 euros. Rogamos comunicar asistencia ao enderezo electrónico secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando nome, número de teléfono e e-mail de contacto.
 
A doazón mínima para o abono dos catro concertos é de 40,00 €.
 

También te podría gustar...