A Coral Polifónica de Monforte celebrará o seu concerto de Nadal

  • Mañá mércores 22 de decembro

 

A Coral Polifónica do Concello de Monforte protagonizará o tradicional  Concerto de Nadal,  que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da programación do Nadal.

Deste xeito, o concerto será este mércores 22 de decembro ás 20:15 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.

A entrega de invitacións será dende as 19:15 na Casa da Cultura, e a entrada ó salón de actos realizarase ás 20 horas.

 

PROGRAMA

1º – Signore delle cime, de Giuseppe de Marzi.

2º – Meu pequeniño, de Manuel Pérez Fanego.

3º – Cantata BWV 147, de Johann Sebastian Bach.

– Lascia ch’io pianga, de Georg Friedrich Haendel.

5º – Ave María, de Giulio Caccini.

6º – En la más fría noche, de James E. Spilman.

7º – Oh luz de Dios, de Popular Alemana.

8º – Deanolo Señora, de Celada Alonso.

Piano/órgano: María Quiroga Álvarez.

 

También te podría gustar...