«PEGADAS» en Viana
- O vindeiro sábado 18 de decembro ás 19 horas terá lugar, na Casa da Cutlura de Viana do Bolo, a estrea do documental «PEGADAS»
Trátase dun documental no que as protagonistas son as mulleres do Concello de Viana. É unha recopilación das súas historias, das súas vivenzas, etc.
Un traballo que comezou hai máis de 6 meses e «que nos levou a entrevistarnos con máis de 70 mulleres da meirande parte das aldeas de Viana.»
Historias de traballos, familiares, de amor, de festas e bailes, tradicións pasadas, de lendas e contos populares, etc.
Un montón de relatos moi emotivos e interesantes cos que se pretende dar recoñecemento ás mulleres que formaron e forman parte da nosa historia.
O proxecto foi realizado dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viana do Bolo e contou coa financiación dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.