‘The Magical Flute’ con Marta Torres en Sober
- O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober programan un concerto de frauta con Marta Torres para este sábado
- A actuación forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ e será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober
A frautista Marta Torres presentará o sábado en Sober o seu espectáculo ‘The Magical Flute’. O concerto forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ que organiza o Concello en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada libre.
O concerto
‘The Magical Flute’ é un programa onde a frauta traveseira se presenta como único instrumento encargado de namorar ao público, mostrando a versatilidade do seu son grazas ao extenso repertorio composto ao longo de cinco séculos. Escoitaremos desde ‘As Folies d’ Espagne’ ata a música dos compositores do noso país, pasando polo impresionismo de Debussy e a potencia tímbrica de Berio. Un concerto completo da man do incrible son da frauta traveseira que non deixará indiferente a ninguén.
Marta Torres realizou os seus estudos superiores de frauta no Conservatorio de Liceo de Barcelona con Christian Farroni, e posteriormente os estudos de máster na Universidade MUK de Viena con Karl- Heinz Schütz, solista da Orquestra Filharmónica de Viena. Gañou varios premios de música de cámara, foi finalista da Categoría Superior do Concurso Nacional de España ‘Andalucía Frauta’, e en 2019 obtivo o Segundo Premio de Mocidades Musicais de España da modalidade de vento. Colabora regularmente con orquestra profesionais, actividade que compaxina cos seus proxectos de cámara.
Programa
Francisco López-Martín: Mängata
Georg Philipp Telemann: Fantastia nº10 en Fa #menor
Friedrich Kuhlau: Divertissemente nº6, op. 68
Francisco Tárrega: Recuerdo de la Alhambra (arr. de Francisco López-Martín)
Claude Debussy: Syrinx
Luciano Berio: Sequenza I
Marin Marais: Les Folies d’Espagne
Isaac Albéniz: Asturias (arr. de Francisco López-Martín)