Monforte acende o alumeado de Nadal

  • Para axudar ó Comercio e á Hostalería 
  • Onte ás 18:30 horas, José Tomé Roca, acompañado por varios Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno, acendeu oficialmente a iluminación navideña monfortina, na Praza de España, diante dun gran cono de 14 metros que simboliza unha árbore de Nadal e coa que ““queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”
  • O Equipo de Goberno case duplicou o investimento no alumeado de Nadal 2021 pasando de 28.000 euros en 2020, a 50.000 euros en 2021 (78,5% de aumento), sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte
  • O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 50.000 luces neste Nadal, pasando de 32.000 a máis de 50.000, é dicir, case 20.000 máis que en 2020, para dinamizar o Nadal da nova normalidade.”
  • Aumentouse en 70 arcos máis de novo deseño, pasando de 162 a 232 este ano. Os arcos de Nadal son de Led, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais
  • Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte
  • O alumeado funcionará ata o domingo 9 de xaneiro de 2022, , permanecendo en servizo 38 días
  • “O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas, e que en definitiva sexa o principio dun ano e dunha vida normal

 

Na tarde de onte, ás 18:30 horas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu oficialmente a iluminación de Nadal 2021, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o  Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira  de Consumo, Regina López, o concelleiro de de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé.

O acendido oficial tivo lugar na Praza de España, diante dun novidoso cono de 14 metros de alto a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte” .

Nun ano que seguiu sendo difícil pola incidencia da Covid-19, o Equipo de Goberno monfortino decidiu investir 50.000 euros no alumeado de Nadal deste ano, cifra que case duplica ós 28.000 euros investidos en 2020.

”Isto supón a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, cun incremento en relación co ano anterior, de 22.000 euros, o que representa un 78,5% de aumento”, subliñou o rexedor monfortino. “O impulso ó alumeado de Nadal, é un dos primeiros pasos para volver a esa nova normalidade que todos desexamos, aínda que sexa coa debida prudencia”.

En total, superaranse as 50.000 luces, pasando de 32.000 a máis de 50.000, é dicir, case 20.000 máis que en 2020, co obxectivo de dinamizar o Nadal en Monforte.

O alumeado apagarase o domingo día 9 de xaneiro, permanecendo en servizo 38 días.

A maior inversión en alumeado de Nadal da historia de Monforte

Para este ano 2021, o Equipo de Goberno aumentou significativamente o número de arcos colocados, que son 70 arcos máis de novo deseño, pasando de 162 en 2020 a 232 neste ano 2021.

Así, mantense o mesmo número de rúas con arcos de Nadal, “porque consideramos que damos cobertura a toda a cidade, para que todos os veciños e veciñas de Monforte, sintan de cerca o espírito de Nadal, por ser posiblemente as festas máis familiares do ano”, sinalara José Tomé o día en que presentou a campaña.

Os arcos de Nadal son de Led, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais.

Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

Tamén foi adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía, “como unha guía que nos conduza cara a un ano mellor para todos”.

Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionarán as fontes da cidade todos os días como si fose en horario de verán, de xeito particular, as fontes que teñen iluminación, como a da Estación, a das Casitas ou a do Parque da Compañía.

“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas, e que en definitiva sexa o principio dun ano e dunha vida normal”.

También te podría gustar...