Obradoiro dual de emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’
- Onte tivo lugar no Concello de Bóveda a presentación
O Concello promotor é o de Bóveda, que asinou convenio coa Pobra do Brollón e O Incio, conforme ao previsto na Orde do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG no22 do 03/02/2021) e a circular 6/2021 da Dirección Xeral de Formación e Colocación, que regula os requisitos para a selección do alumnado-traballador dos obradoiros duais de emprego.
Os alumnos e alumnas formaranse en dúas especialidades formativas:
- Actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinaría con 7 traballadores e traballadoras en A Pobra de Brollón
- Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes con 13 traballadores e traballadoras en O Incio e Bóveda
A duración do obradoiro será de nove meses.