Camiño de Inverno: fonte de inspiración para a creación artística

https://abral.artstation.com/

 

Co obxectivo de divulgar a riqueza cultural, natural e humana en torno ao Camiño de Inverno, AEVA vai desenvolver un proxecto de promoción enmarcado no Programa AEVAempregaTE, financiado pola Deputación Provincial de Ourense.

Se trata tamén de promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística, fomentar o seu coñecemento entre a cidadanía, e poñer en valor os recursos turísticos estratéxicos do Camiño de Inverno.

A posta en marcha do proxecto incluirá as seguintes actividades:

Taller de cómic: Impartirao o artista Juan Carlos Abraldes, que é Diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes «Mestre Mateo». Nos anos 90 comezou a traballar como ilustrador e debuxante de cómics para o xornal La Voz de Galicia e editoriais como ED Xerais, e no ano 2000 debutou no sector audiovisual traballando en produtoras de cine como Dygra Films, IB Cinema ou Ficción Producciones, desenvolvendo proxectos de cine de imaxe real, animación, series tv, concursos tv, documentais, videoxogos, etc…

Algúns dos seus proxectos destacados son:

Artista principal no videoxogo Goosebumps: The game, videoxogo da película comesmo nome, protagonizada por Jack Black.

Concept artist para London Digital Studios, para a película de imaxe real, Hiranyakashyap, coprodución UK, India, Portugal, potragonizada por Rana Daggubati e dirixida por Gunashekar (2018).

Tamén traballa para a película de terror: Anomalous: The Birth, coprodución UK, Portugal, baixo a dirección de Mark L. Lester (2019).

O taller se inicia o día 19 de outubro, terá unha duración de 10 horas, e se impartirá os martes, en horario de 16:30 a 18:30 horas no IES Lauro Olmo de O Barco. Os alumnos realizarán un cómic conxunto, en equipo, coa temática do Camiño de Inverno. Ademais dos alumnos dos centros de ensinanza, a participación está aberta a outros colectivos interesados no mundo do cómic, que se teñen que poñer en contacto con AEVA para formalizar a súa inscrición.

Lenzos Urbanos: O mesmo artista, Juan Carlos Abraldes, realizará en O Barco e A Rúa dous murais de gran formato, nos que conxugará elementos patrimoniais característicos de cada unha das localidades con sinais de identidade propias do Camiño de Inverno.

O proceso creativo dos murais está aberto ao publico e, na busca de localizacións, se procuraron espazos de moito tránsito para fomentar a visibilidade das creacións e para reforzar o coñecemento do Camiño de Inverno.

Tratarase de fomentar a participación dos espectadores no proceso de elaboración organizando algunha actividade musical en torno ao espazo de localización do respectivo mural. 

También te podría gustar...