Videomarcador deportivo Led para o pavillón polideportivo de A Pinguela

  • O Alcalde, José Tomé Roca, comunicou a adxudicación para o subministro e instalación, no Pavillón Municipal de a Pinguela, dun videomarcador dotado con tecnoloxía de última xeración, que correrá a cargo da empresa Mondo Ibérica S.A.U., por un importe de 27.163,11 € ive engadido
  • “Con esta novo videomarcador, que substituirá á anterior instalación, un marcador tradicional composto por díxitos de bombilla, o Pavillón municipal de A Pinguela, que é unha das infraestruturas deportivas máis importantes da cidade, contará dende agora cunha ferramenta esencial para o desenvolvemento de todo tipo de eventos deportivos, e tamén facilitará os adestramentos e competicións dos equipos monfortinos que habitualmente usan estas instalacións, como o Club Voleibol Ribeira Sacra, o Club Korbis ou o Club de Ximnasia Rítmica Quicela, así como as actividades dos centros educativos da cidade” destaca o Alcalde
  • Nas instalacións do pavillón tamén se disputa a liga local de fútbol sala e lévanse a cabo as actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte cada ano
  • Este videomarcador, dotado dunha pantalla Led de 10 m2, pode utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo, incluíndo a emisión de vídeos
  • O prazo de entrega do videomarcador será de 6 días hábiles dende a formalización do contrato entre o Concello e empresa adxudicataria

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a adxudicación á empresa Mondo Ibérica S.A.U.,  do subministro e instalación dun videomarcador deportivo Led de última xeración, que será ubicado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela. O prezo de adxudicación foi de 27.163,11 € ive engadido.

O Alcalde salientou que “con esta novo videomarcador, que substituirá á anterior instalación, un marcador tradicional composto por díxitos de bombilla, o Pavillón municipal de A Pinguela, que é unha das infraestruturas deportivas máis importantes da cidade, contará dende agora cunha ferramenta esencial para o desenvolvemento de todo tipo de eventos deportivos, e tamén facilitará os adestramentos e competicións dos equipos monfortinos que habitualmente usan estas instalacións, como o Club Voleibol Ribeira Sacra, o Club Korbis ou o Club de Ximnasia Rítmica Quicela, así como as actividades dos centros educativos da cidade”.

Esta Pantalla Led, que ten unhas dimensións de 10 m2 (4 x 2,5 m.),  poderá utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo, “polo que permitirá darlle un valor engadido ó pavillón de A Pinguela”.

No Pavillón Polideportivo de A Pinguela, que se ubica na estrada de Sober, adestran e compiten diversos clubes da cidade e alberga eventos deportivos de diversas modalidades como taekwondo, ximnasia rítmica e voleibol.

Nas instalacións do pavillón tamén se levan a cabo actividades propias do deporte escolar monfortino, dispútase a liga local de fútbol sala e lévanse a cabo as actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte cada ano.

“Coa adquisición deste novo videomarcador de última xeración, que sen dúbida reforzará os servizos que ofertamos no pavillón de A Pinguela, dende o Equipo de Goberno seguimos a mellorar as infraestruturas deportivas da nosa cidade. Cabe recordar que nos pasados meses reformamos a instalación eléctrica deste pavillón,  e dotamos dunha nova iluminación o Campo municipal de A Pinguela, cunha inversión total de case 110.000 euros”.

O prazo de entrega do novo videomarcador do Pavillón de A Pinguela será de 6 días hábiles dende a formalización do contrato entre o Concello e empresa adxudicataria.

O Alcalde, concluíu salientando que “o meu compromiso como Alcalde e o do Equipo de Goberno co deporte monfortino, cos seus deportistas e cos clubes é firme, e seguiremos traballando para mellorar e potenciar as infraestruturas municipais destinas á práctica deportiva no noso Concello”.

Videomarcador “MONDO Smart System modelo Antares”

O novo videomarcador do Pavillón de A Pinguela é unha pantalla led deportiva de 10 m2 (4 x 2,5 m.) que se pode utilizar como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo.

A pantalla dispón, para a súa xestión, dun sistema de control composto por un ordenador e un software deportivo e multimedia.

Software Deportivo Mondovideo:

Software multideporte deseñado por MONDO que permite converter unha pantalla led nun marcador electrónico deportivo.

O deseño do marcador é completamente personalizable, permitindo ó usuario unha gran liberdade para mostrar o marcador segundo as necesidades.

Unha das principais vantaxes deste do software Mondovideo é que, cun único software, pódese dispoñer de distintos marcadores segundo a disciplina deportiva que se vaia a realizar, posto que integra múltiples deseños para diversos deportes.

O sistema xenera a imaxe que representa un marcador electrónico deportivo, optimizada ó tamaño e resolución da pantalla Led para garantir a mellor calidade de imaxe posible.

A información de dito marcador actualízase en tempo real en función da información recibida da consola de control Ulises de MONDO.

Software Multimedia Mondoplayer:

O software multimedia Mondoplayer é un software desenvolto por MONDO. Trátase dun reproductor multimedia avanzado cunhas características e funcionalidades adaptadas ás aplicacións máis comúns de uso de pantallas led. As súas características son as seguintes:

  • Posicionamento pixel a pixel da fiestra de saida do reprodutor.
  • Reprodutor de vídeo, con escalado automático á resolución da videopantalla, sexa cal sexa a resolución do arquivo orixinal.
  • Visualizador de imaxes con ecalado automático, independentemente da resolución orixinal.
  • Creación e edición de subtítulos e texto en scroll.
  • Captura e reescalado en tempo real de diferentes zonas da pantalla, de xeito que na pantalla led poderanse proxectar zonas dunha páxina web, presentacións de power point, documentos word, excel, etc.
  • Creación e edición de listas de reprodución.
  • Deseño de composicións complexas nas que o usuario divide a videopantalla en varias zonas funcionais, de modo que en cada unha delas se poden visualizar vídeos, listas de reprodución, capturas de pantalla, etc.

Consola Multideporte Hércules:

Consola de fácil manexo que permite unha clara visualización de tódolos parámetros de xogo. Esta consola divídese en dous módulos:

  • Consola central de puntuación: na cal se selecciona o deporte que se vai a controlar (pódese elixir entre baloncesto, voleibol, tenis, hockey, patinaxe, fútbol sala, balonman, frontón, hóckey xeo, e waterpolo. En función de esta selección , o sistema de puntuación e tempo de xogo se iniciará de acordo coa normativa do deporte seleccionado. Dende a mesma comándase a puntuación, tempos mortos, faltas, e frecha indicadora de posesión.
  • Consola de tempo: controla o período de xogo, o tempo e o cambio de minutos/segundos a segundos/décimas-centésimas. A consola almacena en memoria todos os datos evitando que se perdan se hai un cote de fluído eléctrico.

O sistema tamén inclúe marcadores de tempo de posesión e tempo de xogo para baloncesto homologados pola FIBA. A súa comunicación coa consola principal e por radiofrecuencia, aínda que tamén se pode realizar por cable.

Os díxitos luminosos están construídos con diodos LED de alta luminosidade que se caracterizan polos eu baixo consumo, gran duración e ausencia total de mantemento.

Sobre o módulo que indica o tempo de posesión, mediante díxitos de 30 cm, instálase un módulo adicional con 4 díxitos de 12 cm. de altura que mostran o reloxio de xogo.

O control destes marcadores realízase mediante unha consola independente denominada consola de posesión Mondo, comunicada coa consola central de puntuación.

También te podría gustar...