O agasallo para «a mellor nai do mundo» en Ton y Son
- Este coñecido comercio do Barco de Valdeorras ofrece unha chea de ideas para “O Día da Nai”
- Traballan con prestixiosas marcas de agasallos como “Mr. Wonderful”, “Nikis”, “Reizentolo” ou “Milimetrado”
Conta atrás para o Día da Nai e aínda non sabedes ben con que sorprender á muller máis importante da vosa vida?
Se estades nesta situación, Ton y Son ofrécese para axudarvos presentando un gran surtido de ideas coas que podedes quedar de luxo o vindeiro 2 de maio.
Este establecemento é xa unha referencia en Valdeorras e incluso fóra grazas á súa renovada páxina web que conta con tenda online. No que respecta á tenda física, este comercio especializado en instrumentos e accesorios musicais conta cunha cada vez máis importante sección de agasallos. Neste apartado reforza estes días o seu surtido de produtos cun amplo catálogo de detalles para sorprender ás nais.
Vanesa, que traballa na tenda, dinos que a campaña do Día do Pai foi moi ben e esperan repetir éxito nesta ocasión na que as nais son as protagonistas. Con este obxectivo están ofrecendo unha chea de solucións de diferentes marcas especializadas no sector dos agasallos para atopar ese detalle co que quedar xenial con elas.
Algunhas das marcas de referencia coas que traballa Ton y Son: “Mr. Wonderful”, “Milimetrado” e as galegas “Nikis” e “Reizentolo”. Dentro da ampla gama de produtos que ofrecen podemos atopar camisolas, calcetíns, zapatillas, máscaras, cuncas, libros e cadernos, chaveiros, botellas, set de relax (candea e mikado), vales para rascar, copa de balón, copas de viño, delantais, candeas, chocolatinas, etc. E moitos dos presentes con frases e mensaxes especialmente dedicados ás ‘mellores nais do mundo’.
Falando sobre a situación actual e os atrancos da pandemia, Vanesa lémbranos que nas campañas de San Valentín e o Día do Pai levaron pedidos a domicilio e na corentena tiveron a idea de facer “Caixas Regalo”, iniciativa que funcionou e funciona moi ben. O cliente pon o prezo, os cartos que quere gastar, e eles dinlle o surtido de agasallos que poden entrar. A partir de aquí énchese a caixa cos produtos que escolla o interesado ou interesada e mándase onde decida.
Como xa comentamos, a venda en tenda física de toda a vida compleméntase agora coa tenda virtual e a promoción a través das redes sociais.
Ton y son conta con perfís en Facebook, Twitter e Instagran, recoñecendo Vanesa que esta última rede social é actualmente a que funciona mellor como escaparate para as campañas e presentación de novidades da tenda.