Nadal en Bóveda: teatro, obradoiros, actividades infantís e visita dos Reis Magos

  • O Concello de Bóveda dá a coñecer as actividades para o Nadal, que inclúen a visita dos Reis Magos
    • Haberá teatro familiar o día 26 de decembro e actividades infantís e obradoiros os días 28, 29 e 30
    • Os Magos de Oriente visitarán a Casa do Concello o día 5 de xaneiro pola tarde
  • Para participar no Nadal de Bóveda é preciso inscribirse previamente a través do teléfono ou do correo electrónico

 

O Concello de Bóveda dá a coñecer a súa programación de cara ao Nadal, unhas datas para as que pide “moito sentidiño e responsabilidade”. Así, organizouse unha axenda que en todo momento antepón o cumprimento das medidas de prevención fronte á covid-19 establecidas polas autoridades sanitarias.

O sábado 26 de decembro ás 18:00 horas haberá teatro familiar a cargo de Rubén Pérez Pombo, que porá en escena ‘A viaxe do señor López’. A actuación conta coa colaboración da Deputación de Lugo no marco do programa ‘Miúdos Seráns’.

Os días 28, 29 e 30 de decembro celebrarase o ‘Nadal Activo’ con actividades infantís e obradoiros para nenos e nenas a partir dos seis anos. Haberá quenda de mañá e de tarde e será preciso reservar praza. A quenda de mañá será de 10:30 a 13:30 horas e a de tarde de 16:00 a 18:30 horas. A programación inclúe un obradoiro sobre a reciclaxe, malabares e xogos infantís, entre outros.

Visita dos Reis

O día 5 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas os Reis Magos visitarán a Casa Consistorial. Para poder participar na visita Real será preciso inscribirse previamente a través do teléfono 982 42 61 77 ou do enderezo electrónico cultura@concellodeboveda.com

Ao igual que outros anos haberá agasallos para todos os nenos e nenas que participen e tamén poderán deixar a súa carta na caixa de correos instalada na Casa do Concello.

También te podría gustar...