PP Ourense «O PSOE afronta a Ourense ao decidir que non licitará a autovía A-76 en Valdeorras ni as obras da variante norte»
- «O PSOE afronta a Ourense ao decidir que non licitará as obras da variante norte (Eirasvedras-Quintela) ni da autovía A-76 en Valdeorras»
- No proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado 2021
- O Partido Popular cualifica de escandalosa a ínfima consignación para a variante de Ourense, no tramo entre Eirasvedras e Quintela, que xa deberá estar licitada en 2019
- Os orzamentos socialistas relegan un ano máis a autovía A-76 dun modo evidente, cunha ridícula partida para o tramo máis avanzado (A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras)
PP Ourense
O forte compromiso alcanzado polos gobernos de Mariano Rajoy con Ourense ven de truncarse cos segundos orzamentos que presenta o goberno socialista de Pedro Sánchez, que consignan para Ourense 123,48 millóns de euros.
Nos fallidos orzamentos do estado para 2019, os socialistas xa destibana 295,18 millóns de euros para Ourense fronte aos 414,72 millóns de euros no último mandato popular, é dicir, os orzamentos de 2018 que están aínda hoxe prorrogados.
Así o destacan os deputados populares ourensáns, Celso Delgado e Ana Vázquez, á hora de valorar o proxecto orzamentario presentado esta tarde no Congreso, e que reduce drásticamente os investimentos en estradas de gran importancia para Ourense como a variante norte da A-56 e a autovía A-76 a Ponferrada.
Entre os datos máis importantes que recollen estes orzamentos para Ourense, os deputados populares chaman a atención sobre a autovía A-56. Xa en condicións de licitar en 2019 as obras do primeiro tramo, correspondente á variante norte de Ourense (Eirasvedras-Quintela) figura unha ínfima consignación de 100.000 euros, cando nos PXE vixentes, os de 2018, tiñan unha partida de 2,5 millóns de euros.
Tamén critican os representantes do PP que para autovía A-76, no tramo entre A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras -que se existira votade política podería ser licitado en 2021-, tan só se consigne unha mísera cantidade de 100.000 euros, mentres que nos orzamentos vixentes tiña unha partida de 3 millóns de euros. Un desprezo absoluto a Valdeorras.
En materia ferroviaria, os deputados populares contrastan a enorme diferenza de cifras nos orzamentos de ADIF-Alta Velocidade. No PXE de 2018 foran consignados na nosa provincia 410,2 millóns de euros. Agora neste proxecto orzamentario a consignación baixa ata os 51,88 millóns de euros. Unha baixada agardada -pola fase final das obras en curso- pero excesiva.
Lembran ademais que a partida fixada para a chamada variante exterior (o treito entre Taboadela e Ourense), que aparece dotada con 29 millóns, so poderá realizarse cando se liciten as obras, decisión que pola que se agarda desde mediados do pasado ano 2019.
Tamén se espera coñecer o detalle das actuacións que aparecen nun novo epígrafe tanto de Adif, como de Adif-AV, chamado “Red TEN-T”.
REDUCIÓN DOS INVESTIMENTOS EN GALICIA.
No seu conxunto, Galicia perde 104,55 millóns de euros de investimento, o que supón unha redución do 11,16 %. Se no orzamento vixente tiña consignados 936,8 millóns, en 2021 só recibirá 832,24 millóns.
Mentres que en 2018 o goberno popular destinaba a Galicia máis do 9 % do investimento por rexións, agora esa cantidade redúcese ao 6,6%, o que significa o rexistro máis baixo dos últimos anos e moi por debaixo do 8 % que o goberno bipartito consideraba mínimo.