Día da Muller Rural en Viana: actividades co obxectivos de reivindicar e dar recoñecemento

Con motivo da celebración do Día da Muller Rural o vindeiro 15 de outubro, o Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Viana do Bolo organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie actividades co obxectivos de reivindicar e dar recoñecemento ao papel das mulleres vianesas.

As limitacións propias destos tempos complicados que estamos a vivir impidennos levar a cabo moitas actividades, pero con esta programación tratamos de visibilizar este destacado día minimizando os riscos para a poboación vianesa

 

Entre as actividades destacan:

1. Exposición fotográfica “Moitas e Diversas” onde se incluirán as fotografías presentadas ao concurso de fotografía que recentemente se convocou. Ademais das fotografías do concurso, tamén se incluirán unha importante selección de imaxes onde se reflexan distintas facetas e ámbitos nas que as protagonistas son as mulleres: traballos e “labores”, entrudio e tradicións, ocio e tempo libre, paisaxes e natureza, mulleres e dereitos, etc. Fotografías actuais e antigas que fan un fermoso resumo da historia das mulleres de Viana e que foron cedidas por veciñas e veciños de Viana expresamente para a ocasión.

2. Campaña a través da RR.SS “Palabra – Semente”
Unha campaña en colaboración co proxecto de Almáciga da autora María Sánchez onde o obxectivo e recoller e gardar palabras que están en desuso e que non queremos perder. Unha gran oportunidade para compartir tempo e conversas coas nosas avoas e aprender con elas parte das nosas culturas e tradicións.

3. Tamén levaremos a cabo unha campaña para visibilizar o papel e diversidade das mulleres rurais con imaxes e eslogans que a veciñanza poderá compartir a través das súas Redes Sociais. A campaña tamén incluirá o reparto de chapas entre e a rapazada do concello.

4. Obradoiros de igualdade no IES Carlos Casares.

 

También te podría gustar...