Sober retomou as actividades deportivas para maiores
- Ximnasia de mantemento, aerobic, tonificación e pilates. Tamén está a disposición dos veciños e veciñas o ximnasio municipal e a sala de máquinas
O Concello de Sober retomou hoxe mércores as actividades deportivas para maiores.
A maior parte da actividade vaise concentrar este ano no ximnasio municipal para cumprir coa normativa sanitaria e poder manter as distancias de seguridade. A maiores, haberá ximnasia de mantemento en Anllo e Neiras.
Ximnasia de mantemento
Os luns ás 11:00 e ás 17:30 horas e aerobic/tonificación ás 19:30 horas no ximnasio municipal.
Os mércores ás 11:00 e ás 17:30 horas e aerobic/tonificación ás 19:30 horas no ximnasio municipal.
Os xoves haberá pilates ás 11:00 horas tamén no ximnasio municipal.
Nas parroquias, os luns haberá en Anllo ás 16:00 horas e os mércores en Neiras tamén ás 16:00 horas.
Ximnasio municipal
O ximnasio municipal abrirá polas mañás de luns a xoves en horario de 10.30 a 13:30 horas e de luns a mércores pola tarde en horario de 15:30 20:30 horas. Para o uso da sala de máquinas é preciso reservar praza.
Para obter máis información poden chamar ao 982 46 05 13 ou preguntar no ximnasio no horario de apertura. Este ano os grupos serán reducidos, polo que é imprescindible inscribirse para poder participar en calquera das actividades.